Calle 5, nº 17

Tejeras - Caranza

15406 - Ferrol
La Coruña

Teléfonos: 881128349

619991130 / 608730279 (Secretario)

HISTORIA

 

Nace esta agrupación a finais de 1988, entrando a formar parte do panorama musical de Ferrolterra, coa única bagaxe da súa gran afección e ganas de superarse. Así, a comezos de Xaneiro de 1989, inician os seus ensaios para poñer en marcha este proxecto.

Fan o seu debut como Rondalla o 18 de Marzo de 1989 na Noite das Pepitas (día grande en Ferrol dedicado a homenaxear á muller ferrolá).En abril do mesmo ano, e despois da boa acollida que o público lles depara, é cando os compoñentes do grupo constitúense formalmente como Agrupación Artística Ferrolá "Bohemios". La música tradicional ferrolana es el comienzo de la agrupación.

Amplo é o número de escenarios de Galicia en que a Agrupación ha interpretado as súas cancións, practicamente en todas as entidades socioculturais ademais en diferentes auditorios e teatros.

Actuacións en: Portugal, Vila do Conde  con motivo do cincuenta aniversario do Rancho dá Praça, Porto (Palacio de Cristal da Feira Internacional de Mostras). Viveiro (Certame Anual de Habaneras), A Coruña (do IX ao XXVI Encontros Corais de Habaneras “Ciudad da Coruña), Vigo (Feira de Turismo e Alimentación), Feira Internacional de Silleda, Maceda (Ourense),  Teatro Palacio Valdés e Casa de Cultura de Avilés (V,VII e X Encontros Corais de Habaneras), Centros Galegos de Xixón, Barcelona e Madrid, XVII Edición da Gran Noite de Galicia no hotel “Reina Sofía” de Barcelona, patrocinada polo gremio de Hostalería e seleccionados pola Directiva da Noite de Galicia en Barcelona, presidindo os actos o Presidente da Xeneralidade de Cataluña, Excmo. Sr. Jordi Pujol, recital na FITUR do ano 2000 celebrada na Cidade Condal, patrocinado polo gremio de Hostalería e seleccionados pola Concellería de Turismo do Concello de Ferrol, Certame de Habaneras no Teatro Bérgidum de Ponferrada (León), XI Trovada de Habaneras de Mayorga (Valladolid), son nomeados artistas con mención especial na FESTA ESPAÑOLA no Club Metropole de Las Palmas de Gran Canaria, XV Ciclo Coral Internacional de Polanco (Santander), así como diversas actuacións na R.T.V.G. En todas as actuacións levan un repertorio que se nutre do folclore  galego e español: danzas, habaneiras, valses,  ademais de pezas tradicionais galegas.

 

   

                 En Avilés son premiados con el galardón del primer "Llagarón de Pascua", recibíndoo de mans do presidente da Asociación da prensa de Avilés, e a "Faba de Plata" recibida da asociación con este mesmo nome.

En Ourense conseguen o primeiro premio no II Certame Internacional de Rondallas e Corais organizado pola Rondalla Alecrín "A Troya", patrocinado pola Deputación de Ourense e a Consellería de Cultura e Comunicación Social da Xunta de Galicia.

 

 

O 11 de maio de 2002 no salón de plenos do Excmo. Ayto. de Ferrol, e apadriñado polos alcaldes de Avilés e Ferrol, realiza o Irmandamento Musical co Coro do Centro da Habana en Avilés.

En xaneiro de 2007, actuaron en Segovia realizando unha serie de actuacións: Teatro Juan Bravo de Segovia, Palacio de La Granja, Nieva. E en marzo de 2009 trasladan cos seus cantos  e “rondas” a tradicional  “Noite das Pepitas” as calles da capital segoviana. En outubro de 2010 celebran o V Irmandamento Musical, nesta ocasión coa Agrupación folclórica Santa Cecilia da cidade de Huesca. En outubro do 2011, celebran o VIN Hermanamineto Musical, coa Agrupación Folklórica Tres Parral de Burgos.

Con especial interese participan en eventos organizados a favor de entidades e centros benéficos.

 

 

 


O 7 de xaneiro de 2014, coa firma do Alcalde-Presidente do Excmo. Concello de Ferrol D. José Manuel Rey Varela e do Secretario Xeral Leopoldo Moure García, acórdase en sesión celebrada o día 26 de decembro de 2013, concederlle á AGRUPACIÓN ARTÍSTICA FERROLÁ BOHEMIOS pola súa destacada contribución ao estudo e divulgación da nosa música e tradición, a INSIGNIA DE OURO do Concello.

O 11 de decembro de 2017, a Convención de Empresarios de Hostalería de Galicia, con motivo dun concerto no Gran Hotel Os Abetos, de Santiago de Compostela (A Coruña) outorgan á Agrupación a Medalla de Ouro de Radio Turismo.

Na actualidade a Agrupación está composta por vintecinco voces masculinas distribuídas en tenores primeiros, tenores segundos, tenores terceiros, barítonos e baixos, trece instrumentos de corda conformados por guitarras, baixo eléctrico, laúdes, bandurrias e 1 mandolina e tamén un teclado eléctrico.

Ademais, conta cun grupo dedicado a cantar en todos os actos relixiosos, vodas civís e unha Escola de Punteo formada coa intención de potenciar a continuidade da Agrupación na tradición musical.

Coa firme ilusión de exportar o seu quefacer  musical fora de Galicia, han nomeado como madriñas a dúas mulleres segovianas. A actual é a señora Inés Victoria Prieto. O seu director é o músico José Miguel Calabuig Juan e o seu Presidente: Carlos López Pedreira.

 

Bohemios no tempo:




18 de Marzo de 1989

Primeiros compoñentes nas escalinatas da estación de Ferrocarril, a piques de saír á praza de Armas para participar na Noite das Pepitas.














    Compoñentes nas escalinatas da praza de Armas a punto de sair para participar na Noite das Pepitas.

 

INICIO

 

 

COMPONENTES

 

ACTUACIONES

 

FOTOS

 

VIDEOS

 

NOTICIAS

 

GRUPO DE MISAS

 

CONTACTO

 

DISCOGRAFIA

 

PATRIMONIO

 

 

 
   
 

              ANTERIOR          SUBIR          SIGUIENTE